21.12.05

Consellos para escribir artigos no teu blog

Atopei uns cantos consellos nesta páxina de Javi Moya que creo que vos poden resultar útiles. Eu traducino ao galego.

1. Usa títulos que chamen a atención: Moita xente está subscrito cada día a máis e máis fontes RSS (ou acoden a máis e máis blogs), polo que para que che concedan parte do seu tempo entre tal avalancha de novos contidos é importante que os novos artigos teñan un titular chamativo. As mensaxes curtas, impactantes e (¿por que non?) sensacionalistas daranche maior oportunidade de ser lido.

2. Diferénciate: Hai infinidade de blogs visualmente idénticos. Fai do deseño dos teus artigos algo único ou orixinal, e manteno no tempo para crear unha especie de “marca da casa”.

3. Sempre cita as túas fontes: Copiar o contido de outros blogs por costume (e sen aportar nada novo) non é bo, pero sei ademais o fas sen citar ao seu autor é xa un crime. No plaxies ! Nunca uses o contido de outro sen referenciarllo. Se non citas máis tarde ou máis cedo teus propios lectores descubrirante e perderás todo o teu crédito.

4. Cúrrao: Detrás dun artigo realmente interesante sempre hai horas de traballo. Facer un bo post nin é un don divino nin é cuestión de 5 minutos de inspiración, polo que toma o teu tempo ao compoñelos. Pensa ben o que realmente queres expresar, e revisa que estea correctamente redactado antes de publicalo. Sei non o fas así pode que despois te arrepintas.

5. Céntrate na temática do teu blog: Se a túa bitácora está enfocada nun tema concreto debes ser fiel ao seu espírito. Non pasa nada sei publicas algún que outro artigo que non estea relacionado coa túa temática, pero se se converte en costume pode que perdas a algúns de teus fieis lectores que non estean realmente interesados neses outros asuntos.

6. Facilita a vida aos teus lectores: Se nalgún artigo escribes sobre algo que atopaches na Rede engade un enlace para que poidamos saber mellor de que estás falando. É moi molesto ler sobre algo e despois ter que ir a Google para encontralo, en lugar de simplemente ter que facer click.

7. O “como” é tan importante como o “que”: Ninguén quere morrer de aburrimento, ¿verdade? asegúrate de escribir os teus artigos de forma que sexan comprensibles por todos.

8. Responde aos comentarios: A ninguén lle gusta ser ignorado repetidamente. Se alguén se toma a molestia de engadir a súa opinión aos teus artigos, o mínimo que se merece é que ti tamén lle respondas.

9. Cando publicar: En xeral o mellor momento do día para facer públicos os teus artigos é pola mañá, cando máis xente empeza a revisar as súas subscricións. Durante a fin de semana as visitas diminúen bastante polo que poderías aproveitar para descansar ou diminuír o ritmo. Ten en conta que moitas novas son realmente valiosas só se te anticipas ao resto.

10. Atrévete a ser sincero: Cóntalle aos teus lectores o que realmente tés en mente, non trates de ocultarlles nada. Non importa que ninguén estea de acordo contigo, ao fin e ao cabo é o teu blog, non?. Se realmente cres en que o que queres contar expresa a túa opinión libremente e sen medo, a xente sempre vai a ter outros puntos de vista e algúns atacarante por non pensar igual ca ti. Se ao final estás equivocado non pasa nada, todos erramos e rectificar é de sabios. Neses casos que o orgullo non che impida aprender dos outros.

11. Escribe ben: Non se che pide que sexas un Vargas Llosa, pero trata polo menos de respectar algunhas normas básicas de escritura. Nun mesmo artigo repetir a mesma palabra un sen fin de veces cansa (un vocabulario rico agradecese). Trata de facer os teus artigos sinxelos e fáciles de ler, non sexas tampouco excesivamente formal, evita palabras vulgares o malsoantes.

12. Non asumas que te coñecen: Se estás escribindo sobre algo que trataches no pasado ofrece unha descrición ao respecto, ou polo menos un enlace ao artigo en cuestión. Os lectores da túa bitácora non chegaron de golpe o primeiro día, fóronse incorporando paulatinamente, polo que se é algo anterior á súa chegada non entenderán de que estás falando.