22.12.05

MOTIVOS PARA BITACOREAR

Fai pouco alguén recompilou uns cuantos artigos blogosféricos sobre consellos para bitacoreros que eu atopei e traducín:


  • Compartir coñecemento e información: os medios tradicionais de difusión do coñecemento teñen unha limitación imposta pola necesidade de ser rentables (economicamente) oU, polo menos, cubrir os custes de produción. Isto xenera unha barreira no que pode publicarse.
    Sen embargo, todos coñecemos afeccionados e expertos en temas que poden non ser de interese comercial suficiente, pero que están dispostos a inverter tempo e esforzo en que os seus intereses se difundan amplamente. Ademais, a propia natureza da rede favorece que alcancen audiencias suficientes, pola agregación de moitas persoas que poden estar xeográfica e temporalmente lonxanas. A sinxeleza de publicación das bitácoras ademais favorece que eses expertos poidan despreocuparse da tecnoloxía da rede, e centrarse na xeración e publicación do coñecemento, proporcionando unha ferramenta que resolve algunhas das cuestións técnicas.
    Opinión e diarios persoais: está claro que todo o mundo ten unha opinión sobre os temas que lle interesan ou preocupan. O que non está tan claro é como conseguir que esa opinión sexa escoitada máis alá do círculo máis íntimo. A publicación en los medios tradicionais está limitada aos `opinadores' profesionais e para o resto das persoas, a difusión da súa opinión queda limitada a pouco máis que as cartas dos lectores de moitas publicacións impresas, e os programas (tipicamente radiofónicos) que permiten a participación dos oíntes.
    As bitácoras permiten que calquera persoa poida expresar as súas opinións libremente, sobre os temas máis diversos, reducindo os requisitos necesarios para expresarse. Outra cuestión será o tamaño da poboación que esas opinións alcancen, pero desde logo potencialmente, é moito máis ampla que a que permiten os medios tradicionais. Iso sen esquecer que o tamaño da audiencia (frecuentemente nulo) non ten impedido o desenvolvemento dos diarios persoais, que moitas persoas non escribirían para ser lidos, senón como unhas notas para si mesmos, que lles serven de memoria, e lles proporcionan acceso no futuro ás ideas e opinións do momento da escritura. Pode ter, en moitos casos, sentido que esa memoria sexa aberta, de forma que non só o autor poida beneficiarse dela máis adiante, senón tamén outros internautas.
    Relacións públicas: é típico que moitas empresas e profesionais dispoñan dunha páxina web; o problema ven cando a páxina web non reflexa a actualidade da actividade por carencia de persoal especializado ou por outros motivos.
    Pode ser unha boa idea utilizar unha bitácora para publicar notas deprensa ou referencias que se fan sobre a empresa en distintos medios; endefinitiva, manter unha presenza na rede con ferramentas sinxelas.
    'Xornalismo': os medios tradicionais exercen o papel de filtros da actualidade. Reciben información sobre o que vai sucedendo e, en función dos intereses da súa audiencia, seleccionan para publicar e tratar con maior o menor amplitude os temas. Pola natureza destes medios (limitación de espazo e tamén de recursos) é evidente que moitos temas quedan fóra.
    Isto víveo case toda a poboación en momentos puntuais, cando pensa que os temas que lles son cercanos non son cubertos adecuadamente polos medios, e tamén o viven os expertos en calquera rama do saber humano, que ven como os seus intereses non se reflicten adecuadamente.
    Novamente a ferramenta fai que moitas máis persoas poidan acceder á publicación na rede, só porque é sinxelo e accesible para eles.
    Notas, pensamentos e ideas: non todo o mundo ten o desexo, a necesidade, ou a posibilidade de estar publicando continuamente na rede (nin en ningunha parte). Pero é rara a persoa que nalgún momento da súa vida quixo ter voz nalgún tema, e as bitácoras poden ser unha ferramenta adecuada para iso.
    Literatura: poucas persoas (polo menos en España) terminan podendo vivir das súas actividades de creación literaria. Pero iso non impide que haxa un bo número de escritores, talleres de escritura e, incluso, un non desprezable negocio de editoriais de auto-publicación que dan acceso ás ferramentas tradicionais (revistas, libros, ...) aos escritores afeccionados que non poden participar a través dos canais comerciais tradicionais.
    Non sería desdeñable o acceso a un sistema de publicación na rede barato e sinxelo, sempre que o obxectivo sexa dar a coñecer a propia obra.
    Política: entre los diferentes temas sobre os que podemos ter opinión, a política é un que nos afecta particularmente e que está moi controlado nos medios tradicionais. Cada medio ten a súa política editorial no tratamento deste tipo de noticias que corresponde, nalgúns casos, aos propios intereses. Na rede é posible un debate máis aberto e independente, sobre todo cando os temas considerados afecten a áreas do noso interese máis cercano.
    Busca de almas xemelgas: nunha sociedade onde os intereses están tremendamente atomizados, moitas veces é difícil atopar persoas que compartan unha parte substancial dos mesmos, e cos que poder comentar os últimos éxitos do cine irano ou os problemas profesionais dos tradutores de búlgaro, poñamos por caso. O estender a busca de persoas a todo o mundo conectado amplía bastante as posibilidades de encontrar un grupo de persoas coas que poder compartir intereses.
    Comunicación un-a-moitos o moitos-a-moitos: para grupos estendidos, nos que todos usan Internet, moitas veces resulta conveniente usar o formato bitácora para comunicar cousas persoais, ben aberto ou ben só a un círculo restrinxido de amigos.
    Porque si: ou, máis ben, por que non? A existencia de ferramentas non nos obriga a utilizalas, pero está claro que podemos acercarnos a elas, se pensamos que poden cubrir as nosas necesidades nalgún dos aspectos da nosa vida.

En definitiva, as bitácoras non son máis ca unha ferramenta que nos facilitan formar parte dunha conversa global, en función dos nosos desexos e intereses. Xa non temos porque ser espectadores pasivos, senón que podemos aportar e podemos ter cousas que dicir (e dicilas) se ese é o noso interese. Internet favorece que haxa persoas que poidan compartir con nós esa conversa, ou polo menos, é a ferramenta que nos proporciona esa posibilidade de forma máis accesible.